Ante as preocupantes declaracións vertidas polo alcalde o pasado venres no Pleno, e recollidas días despois en diversos medios de comunicación, desde o Partido Popular acabamos de rexistrar unha petición moi concreta ao alcalde:
Que constitúa de inmediato unha comisión, integrada por todos os grupos políticos, para que se cree unha mesa de traballo, co apoio dos técnicos municipais, para a elaboración dos Orzamentos Municipais para 2021.
Nunha situación tan delicada como a actual, cun ano por diante que estará marcado pola pandemia de COVID, é máis necesario que nunca que o Concello de Ourense conte cuns Orzamentos Municipais actualizados e acordes á realidade, con necesidades sociais cada vez máis perentorias e onde a planificación e a previsión deben ser fundamentais para dar a resposta máis eficaz a quen máis o precisan.