Gonzalo Jácome valorou positivamente o acordo entre as partes e destacou a flexibilidade que amosaron, especialmente os traballadores “que tendo unhas pretensións iniciais adaptáronse bastante para chegar a un acordo coa empresa”. A partir de agora, traballadores e empresa iniciarán unha segunda fase de negociación doutros aspectos, que o alcalde agarda que “cheguen a un bo porto e se poida asinar”.
Francisco Alvarez, presidente do comité de empresa valorou positivamente o acordo, co que os traballadores “recuperamos poder adquisitivo” e agradeceu a participación do alcalde xa que, dixo, “se non fose pola súa mediación non sería posible este acordo”. Álvarez explicou que traballadores e empresa seguirán negociando agora temas como os asuntos propios, a contratación e a provisión de vacantes.