O obxectivo do PP é desbloquear unha situación que xa non podía durar máis e cremos que un goberno de 10 ten máis posibilidades de logralo que un de 3 membros.
Esta foi unha negoción fundamentada sobre como poden servir aos ourensáns e cales son as prioridades que se deben atallar canto antes. E a prioridade fundamental dotar á cidade dun goberno que traballe pola cidade. Desde o principio do mandato municipal a postura foi a mesma: tender a man para traballar xuntos por Ourense. Fixémolo durante a primeira metade do mandato e volverémolo a facer agora.
Desde o Partido Popular tentamos chegar a acordos de todas as formas posibles. A proba diso é que hoxe volvemos ao goberno. Porque nosa única prioridade é Ourense e os ourensáns. A exisencia do PP, é que todos acheguemos á cidade e pidenlle ao alcalde Jácome co-responsabilidade e máximo rigor na xestión.
As áreas que pasará a xestionar o Partido Popular no Concello de Ourense serán as seguintes:
-Deportes
-Facenda
-Medio Ambiente
-Urbanismo
-Benestar Social
-Igualdade
-Sanidade
-Participación Cidadá
-Turismo
-Termalismo
-Xuventude
-Voluntariado