Celebrouse a segunda xunta de goberno desde a incorporación temporal e extraordinaria dos populares a este órgano, debido á baixa por enfermidade dun dos tres membros do goberno municipal.
Destacan dous aspectos fundamentais que desbloqueamos dentro da actividade ordinaria do Concello, pois ninguén entendería que paralizásemos máis a cidade nesta situación tan delicada, tal e como explica a portavoz Flora Moure:
- Por unha banda, aprobamos catro licencias urbanísticas que supoñen a mobilización de máis 1,2 millóns de euros en obras de reforma. Isto supón o mantemento de postos de traballo en pequenas empresas e autonómos de Ourense, co cal a súa importancia é fundamental.
- Polo outro lado, aprobamos a prórroga do contrato de electricidade do Concello. Sen o noso voto, as dependencias municipais e a iluminación pública poderían quedar sen subministración, pois o goberno por si só non sería capaz de aprobar este trámite tan sinxelo, pero á vez tan importante para a cidade, cun importe de 1,5 millóns de euros para os próximos anos.
“Seguimos defendendo o noso labor útil de oposición. Debémonos á cidade e por iso, desde a máxima responsabilidade, seguiremos estando á altura do que Ourense precise”, conclúe Flora Moure.