Lalín celebrará unha nova edición da Romaría Interxeracional e de Homanaxe ás Persoas Maiores e Emigrantes o día 7 de Agosto. A carballeira de As Casianas, nas proximidades do polígono industrial Lalín 2000, do mesmo xeito que nas últimas edicións, será o escenario elixido. Este evento, como outros moitos, viuse interrompido polos efectos sanitarios da pandemia.