Gente Viajera de Galicia 09-10-2015
En Gente Viajera de Galicia comezamos repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana convidamos á cantante SES, que nos últimos meses levou a súa música ata Alemaña. A nosa GUÍA 4x4 lévanos de ruta literaria por Nigrán, condúcenos ata Allariz para degustar a mellor carne de boi, durmimos sobre a ría de Muros e Noia no primeiro hotel rústico de Galicia, e na cidade de Lugo abrimos a nosa axenda de fin de semana para disfrutar da programación do San Froilán