Gente Viajera de Galicia 23-10-2015
Comezamos o programa repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana o mundo da moda é o protagonista conversando co lalinense Florentino Cacheda. A nosa GUÍA 4x4 con DESTINO GALICIA lévanos de ruta ata a comarca do Ribeiro guiados polo servizo de deportes da UVigo, propónnos comer nun xantar foliada en Vedra, busca onde durmir no portal www.escapadarural.com, e na provincia de Pontevedra abrimos a nosa axenda de fin de semana