Entre micros e librosIsmael Ramos: "Interésame moito o que nos impón o desexo, a tensión entre o que debemos querer e o que realmente queremos"
A nosa radio lectora volve a Cronopios para recibir a Ismael Ramos co seu primeiro libro de narrativa: "A parte fácil". Conversamos sobre a vida das personaxes secundarias que centran os seus relatos, sobre as culpas que conforman a nosa identidade, sobre o paso do tempo e ese futuro que neste libro case desaparece e toma a forma dunha parede. Ademais, Ismael cóntanos que nos vindeiros meses sairá a tradución do seu libro ao castelán e ao catalán, unha boa nova que celebramos desde a Librería Cronopios mentres nos despedimos soñando con ser lontras que se deixan levar pola corrente e nadan lixeiras río abaixo.
Redacción
Pontevedra | 28.03.2023 14:42