Marta Giráldez: "Este ano haberá novidades na Semana Santa de Meis e comezará antes do Domingo de Ramos"
A alcaldesa de Meis afronta o seu primeiro mandato despois de vinte anos de goberno do popular Jose Luis Pérez e, ademais, está á fronte da Mancomunidade do Salnés desde o pasado mes de decembro. Repasamos con Marta Giráldez os obxectivos que se marca para este 2020 e os retos a conquerir durante o mandato que chegará ata 2023. Por exemplo, unha maior transparencia, mellores servizos sociais ou completar a concentración parcelaria da que seguen pendentes moitas veciñas e veciños. Durante a conversa, tamén animamos ás mulleres que practican golf a inscribirse no 1º Torneo Feminino de Montecastrove. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.