Kalandraka en Culturgal

Fina Casalderrey e Xosé Cobas recrean a historia de Pontevedra na nova edición de “Filla das ondas”

Tomamos a última deste xoves cun libro de Kalandraka na man, “Filla das ondas”, e os seus autores como convidados. Conversamos coa escritora Fina Casalderrey e o ilustrador Xosé Cobas.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Presentan este venres en Culturgal, a partir das 18:00 horas no Espazo Letras, a edición renovada de «Filla das ondas», estreando unha nova proposta gráfica 25 anos despois da publicación desta obra no catálogo de KALANDRAKA. Trátase dun relato fantástico e onírico que recrea a historia de Pontevedra dende o medievo, e no que afloran aspectos da actualidade como a admirable recuperación do casco histórico e o seu revolucionario modelo urbán. Neste enlace directo á nosa web podes volver tomar a última no programa "Máis de Un Pontevedra".