Kalandraka

Última e marchamos

26/12/2024 15:12

Un Nadal con libros para soñar editados por Kalandraka

Tomamos a última deste xoves coa editorial pontevedresa Kalandraka para que os seu libros non falten entre os desexos de Nadal. Acompáñannos a directora editorial, Manuela Rodríguez, e a responsable de comunicación, Paz Castro.

PROGRAMA COMPLETO

26/12/2024 14:37

Más de Uno Pontevedra 26/12/2024

Abrimos o programa coa actualidade deste xoves entre festivos de Nadal e conversando coa xerente de Emgrobes, María Gómez. Recibimos a visita de Rodrigo Cota para comentar a actualidade e do director de Novos Cinemas, Suso Novás, para estar “Xuntos con Vepersa”. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar: a directora editorial de Kalandraka, Manuela Rodríguez, e a responsable de comunicación, Paz Castro, son hoxe as nosas convidadas.

Máis de Un Pontevedra

20/12/2023 14:26

Kalandraka recomenda os mellores libros para este Nadal

Recibimos a visita de Manuela Rodríguez e Paz Castro desde a editorial pontevedresa Kalandraka para facer balance do seu 25 aniversario e recomendar os mellores libros para este Nadal. Ademais, tomamos nota dos adiantos que nos deixan para o ano 2024.

Gente Viajera de Galicia

01/12/2023 19:53

Unha viaxe entre solsticios con Xesús Fraga seguindo o curso do Río Miño

Conversamos co xornalista e escritor Xesús Fraga para viaxar da súa man e co seu último libro como guía: "Río Miño. Unha viaxe entre solsticios", gañador do XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes. Agora podemos lelo en galego editado por Kalandraka.

Máis de Un Pontevedra

30/11/2023 13:30

Kalandraka celebra en Culturgal o seu 25 aniversario e regálanos a visita de Bernardo Atxaga

Convidamos ao programa deste xoves á editorial Kalandraka para coñecer a súa programación en Culturgal e algunhas das novidades literarias que atoparemos no seu stand número 39. Ademais, saudamos ao escritor Bernardo Atxaga para falar de “Exteriores do paraíso”, publicado en galego por Kalandraka e que será un dos protagonistas no Espazo Letras o sábado ás 19.00 horas.

A última e marchamos

04/05/2023 14:05

Nace "Cuatro lunas", o novo selo editorial de Kalandraka para alumear aos lectores adultos

Esta semana tomamos a última co editor Xosé Ballesteros e a escritora Xina Vega. Os dous viaxan esta tarde a Madrid para presentar na Residencia de Estudiantes o novo selo co que Kalandraka Editora celebra o seu 25º aniversario. O reto é acompañar con obras de calidade ás lectoras e lectores que medraron lendo os seus libros para soñar. "Cuatro lunas" é o nome da nova editorial que se estrea co lanzamento de catro títulos neste mes de maio.

La última y nos vamos

15/12/2022 15:21

Fabiola Anchorena: "Compartimos el Planeta con miles de criaturas y debemos re-aprender a convivir con ellas"

Esta semana tomamos la última con la artista peruana Fabiola Anchorena, ganadora del XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados organizado por la editorial pontevedresa Kalandraka y el Departamento de Educación del Concello de Santiago. Hablamos del libro con el que ha ganado el premio y que ya se puede encontrar en librerías: “Esperando el amanecer”, publicado en las cinco lenguas peninsulares.

Máis de Un Pontevedra

25/11/2022 14:51

Kalandraka presenta "Azucre" en Culturgal con Bibiana Candia e Xosé Cobas

Visitamos a través da radio o stand de Kalandraka na Feira das Industrias Culturais de Galicia para asinar a novela "Azucre" e celebrar a nova edición en galego coa súa autora, Bibiana Candia. Conversamos con ela e co ilustrador Xosé Cobas, ambos estarán o domingo ás 19:40 no Espazo Libro da Culturgal.