Repasamos a actualidade de Pontevedra e comarca, con titulares relevantes: a deputación de Pontevedra mantén o convenio de máis de dous millóns de euros para investir en proxectos previstos na capital. Tamén, revisamos o programa da sétima edición do foro 'As mulleres que opinan son perigosas' cunha das súas promotoras, a xornalista Diana López, que se celebra no Teatro Principal. Analizamos coa asociación Boa Vida a situación do traballo informal das mulleres en ocupacións como os coidados e o fogar que afecta a un gran número de inmigrantes. Facemos unha parada en Caldas de Reis onde se desenvolve unha iniciativa de recollida de residuos no marco do programa 'Mares Circulares' de Coca-Coca. Conversamos co escritor Perfecto Souto sobre a súa nova novela titulada Clarisa, centrada no escenario do convento de Santa Clara. E, ademáis, descubrimos o programa da Festa da Ostra gracias a Manu Lorenzo, alcalde de Soutomaior.