Seguimos atentos a situación do caudal do río Lérez ante estos episodios de choiva e a unha operación da garda civil contra o tráfico de arte sacro. Conversamos co alcalde de Vilagarcia, Alberto Varela, ante unha serie de problemas no transporte de alumnas e alumnos no inicio de curso educativo. Falamos da expansión dos servicios funerarios do grupo pontevedrés San Marcos. Coñecemos os detalles da festa 'Volta o Cole', este fin de semana, no concello de O Grove, organizada pola asociación Emgrobes. Ademáis, desvelamos algunhas particularidades da fase final da noveda edición dos premios da música 'Martín Codax'. E, nos últimos minutos, sabemos algo máis da tradición milagreira da igrexa de Augassantas, no concello de Cerdedo-Cotobade, gracias a Carlos Fernández Cortiñas, xornalista e escritor de '50 Lugares Máxicos de Galicia'.