Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra 21/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a información do tempo. Visitamos o Concello de Barro para coñecer a programación de Nadal que inauguran este xoves no Pazo da Crega. Ademais, completamos o programa con Iria Figueroa no espazo que dedicamos á orientación emocional.

"Noticias de Pontevedra" con Juan de Sola

Á espera de que pasen a disposición xudicial os 13 detidos nunha nova operación contra o narcotráfico. Está previsto que se produza este xoves. A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para os tres detidos en Tenerife que transportaban 3.300 quilos de cocaína a Galicia. En total, a operación da garda civil se salda con 16 arrestos por delito contra a saude pública.

Xa están na casa os catro jovenes estradenses que se viron atrapados na revoltas de Perú. E no pleno provincial aprobouse a cesión do Convento de Santa Clara do concello de Pontevedra á Deputación Provincial.

Redacción

Pontevedra | 21.12.2022 14:12