Prestamos atención os últimos datos do cauce do río Lérez e os cambios na dirección do Area Sanitaria Pontevedra-Salnés. Neste mércores celebramos o habitual almorzo informativo, no Hotel Rías Bajas, conversando co presidente da Fanpa, Rogelio Carballo. A maiores escoitamos a reivindicación da Plataforma Mellor Sen Touradas con respecto a celebración da consulta popular. Rubén Pérez insta o goberno municipal a impulsar un referendum. E, na recta final, visitamos un lugar máximo, a Peneda no concello de Soutomauor, para coñecer unha antiga tradición contra o mal de ollo. Carlos Fernández Cortiñas, xornalista e escritor, conta en qué consistía.