Cada quince días estamos alén do mar na radio grazas a historias musicais cheas de viaxes, mestizaxe e persoeiros galegos. Hoxe falamos do compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981). Oscar Ibáñez impulsou a gravación da súa obra completa para piano e para canto e piano, moi pouco coñecida ata o momento, contando coa interpretación da pianista redondelá Noemí Salomón e da soprano compostelá Anaís Fernández. O disco, titulado "MESTRE VIDE. Obra para piano e canto-piano", é a nosa banda sonora de hoxe. Neste podcast podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".