A última e marchamos

Ricardo Fernández: "É case imposible ir a un local de hostelería en Pontevedra e non atoparte con alumnado do Carlos Oroza"

O noso convidado de hoxe comezou a traballar no mundo da cociña nos anos 80 e leva máis de dúas décadas dedicado á docencia. Con Ricardo Fernández colámonos hoxe nas aulas e na horta do Carlos Oroza para coñecer a revolución que supuxo a pandemia.

Redacción

Pontevedra | 04.03.2021 14:35

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Ricardo Fernández, profesor de cociña no Carlos Oroza. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".