O Hostal dos Reis Católicos, acolleu o acto de presentación do programa de acción que Emgrobes vai a realizar durante estos días.
O acto acudiron diferentes autoridades en representación de todas as administración que apoian a iniciativa dos empresarios grovenses: Director de profesionalidade da Axencia de Turismo de Galicia, José Paz Gestoso, a Deputada de turismo por Pontevedra Nava Castro, o alcalde do Grove Jose Cacabelos, o presidente do Cluster de turismo Cesáreo Pardal e o representante do Concello de Santiago. Ademáis acompañados polo presidente de Emgrobes José Besada e a vicepresidenta Esperanza Sanmartin, que xunto con outros membros da directiva de Emgrobes, representantes da confraría do Centolo Larpeiro e numerosos medios de comunicación e representantes de axencias de viaxes, apoiaron o acto e pudieron disfrutar dun vídeo promocional da Festa da centola ademáis de posterior degustación de Centola do Grove que se levou a cabo no propio Hostal con producto adquirido directamente nas empresas Grovenses e a mariñeiros da vila.
Emgrobes completa a oferta gastronómica con varias acción de promoción da centola para animar aos visitantes a acudir nestas datas fóra de temporada e que se faga turismo gastronómico en O Grove. Son 14 os restaurantes participantes, algún deles realizará menús especiales, e 10 os hoteis que terán as súas portas abertas especialmente na ponte de decembro.
Emgrobes levará a cabo presentacións das Xornadas fóra do Grove: o día 14 en Madrid, na Casa de Galicia.
Para completar o programa, levaranse a cabo varios showcookings. O día 20 no Obradoiro de Hostalería do Grove e o 29 no Mirador da lonxa da Confraría de Pescadores, onde se combina a centola cos cogumelos, aproveitando as datas e a importancia deste produto na nosa vila. Tamén o día 29 realizarase por parte da Confraría de pescadores a tradicional subasta de centola macho e femia, sendo o recaudado para unha asociación sen ánimo de lucro.
Máis información na oficina de turismo de O Grove, na web de Emgrobes e na RR sociais da asociación.
Escoita máis datos das xornadas con Pilar Ozores, no programa "Aquí en la Onda de Galicia" en Onda Cero coa xerente de Emgrobes, María Gómez