cantamo en galego

Onda Cero Pontevedra

20/02/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (20-02-2017)

Comezamos a semana con pleno da corporación municipal de Pontevedra e con almorzo informativo do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, coa prensa pontevedresa: analizamos no programa as respostas e titulares de Rueda. Como cada luns resumimos a actualidade deportiva da fin de semana con Rubén Rey e poñemos ritmo ao inicio da semana coa nosa sección musical "Cántamo... en galego!"

Ses presentounos o seu últimos disco nun encontro con público

13/02/2017 06:00

"A actitude individual pode levarnos a frear a extinción"

Nunca tivo ansias de liderado pero o mellor premio como artista recoñece que é saber que axuda a sufrir menos a quen a escoita. María Xosé Silvar ten novo disco e aceptou a invitación de Onda Cero Pontevedra para visitar a cidade e protagonizar un novo encontro dentro do noso proxecto "Cántamo... en galego!". Desde o salón de actos da Escola Oficial de Idiomas cheo de público falamos con SES da música e da vida que, no seu caso, van sempre da man. Confesounos que os libros lle salvaron a vida cando era adolescente e que se sinte ridiculamente intensa para os tempos que corren. Non renuncia a deixar "semente de vencer" coa súa música e a súa actitude que, catro discos despois, segue a ser a dunha artista que decidiu ter como prioridade aprender a quererse a si mesma e non caer na tentación de "subirse ao carro". Antes do verán vai reeditar o seu primeiro disco, "Admirando a condición", e nós intentamos convencela para que venza o seu pudor e publique un libro de poemas. Aquí podes escoitar a entrevista íntegra.

Concello de Pontevedra - Normalización Lingüística

09/01/2017 15:24

Cántamo en Galego (09-01-2017)

Espacio dedicado a música galega. Nesta ocasión, repasamos o interesante cartel dunha nova edición de Cantos Na Marte, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra.

26/12/2016 15:43

Onda Cero Pontevedra

26/12/2016 15:43

Pontevedra en la Onda (26-12-2016)

Comeza a última semana do ano cos ecos do pleno extraordinario do venres: o portavoz parlamentario de EN MAREA, Luís Villares, visita Pontevedra. Seguimos dando voz a REDEAXUDA e cumprindo o noso reto musical de decembro escoitando hoxe á banda GOLD&COLT. No tempo da entrevista compartimos con vostedes a última entrega de radio lectora en Cronopios con PEPE SOLLA. Facemos balance dun ano de PUNTAZO en Pontevedra e, como cada luns, poñemos ritmo ao inicio da semana coa nosa sección "Cántamo... en galego!"

Ond Cero Pontevedra

26/12/2016 15:09

Cántamo en Galego (26-12-2016)

Neste luns tan especial, non podian faltar as panxoliñas de Nadal e cancións para os mais pequenos da casa.