cantamo en galego

ONDA CERO PONTEVEDRA

22/05/2023 15:58

Cántamo en galego 22/05/2023

Comezamos a semana con De Vacas e a súa versión que fusiona o himno galego e unha das cancións máis coñecidas de Whitney Houston, continuamos con Monolious Dop e A Banda da Loba e finalizamos co dúo recentemente creado por Pili Pampim e Ortiga

PROGRAMA COMPLETO

22/05/2023 14:32

Más de Uno Pontevedra 22/05/2023

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando coa presidenta do PSdG, Carmela Silva, neste undécimo día de campaña electoral. Visitamos o Museo de Pontevedra nunha nova edición das nosas citas a cegas e, ademais, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música na nosa sección semanal "Cántamo... en galego!".

ONDA CERO PONTEVEDRA

24/04/2023 14:37

Cántamo en galego 24/04/2023

Neste inicio de semana poñemos ritmo co descubremento de EXERIA co tema "Un novo nome", escoitamos a Su Garrido Pombo con "Nun patio de luz" e finalizamos con "Xa sei" de Pauliña.

PROGRAMA COMPLETO

24/04/2023 14:07

Más de Uno Pontevedra 24/04/2023

Comezamos o programa co resumo da actualidade do día e visitando o Museo de Pontevedra nunha nova edición das nosas citas a cegas. Ademais, como cada luns, escoitamos música coa sección "Cántamo... en galego!". Despedímonos ás 13:00 h para dar paso a un especial de Onda Cero Galicia en colaboración co Eixo Atlántico.

ONDA CERO PONTEVEDRA

17/04/2023 14:35

Cántamo en galego 17/04/2023

Cada luns buscamos ritmo a través da música que se fai aquí en galicia e en galego. Coñecemos o novo cartel do "Galegote Rock" e ademais, imos adiantarnos á saída maña no novo lp dunha das mellores bandas galegas: ATAQUE ESCAMPE, publica mañá novo álbum 6 anos despois do seu último traballo, Cabalgata é o último título e conversamos cun dos membros da banda, Cibrán Tenreiro a 24 horas do su lanzamento.

ONDA CERO PONTEVEDRA

10/04/2023 14:10

Cántamo en galego 10/04/2023

Os luns poñemos ritmo con bandas e artistas galegos que cantan es galego. Hoxe facemos soar a Fillas de Casandra con "Lisistrata", a continuación a Mäi con " Altair" e finalizamos con Rebeliom do Inframundo con Wöyza e o tema "Loitando cos demos"

ONDA CERO PONTEVEDRA

03/04/2023 15:30

Cántamo en galego 03/04/2023

Neste inicio de mes e semana escoitamos as novidades musicais de García MC con "Quen son eu?", o grupo de pandereteiras de Malvela con "O ramalliño violeta", A banda da Loba con "Plumas amarelas"V e finalizamos con Flow do toxo é "Botapatrap"

ONDA CERO PONTEVEDRA

27/03/2023 14:13

ONDA CERO PONTEVEDRA

27/03/2023 14:13

Cántamo en galego 27/03/2023

Versión reducida do Cántamo en galego para falar da cita festiva de "Sons de Ankar" no concello de Poio que se celebrará o 29 de abril. Repasamos parte do cartel que estarán como Treixadura,Tanxugueira e Xabier Díaz&Adufeiras de Salitre

ONDA CERO PONTEVEDRA

20/03/2023 15:11

Cántamo en galego 20/03/2023

Neste luns que dará paso en breve a primavera, entrevistamos a Quinkillada que estará actuando este venres na Sala Karma de Pontevedra. Ademáis, escoitamos a Fuxan os Ventos co tema "Eu en ti" e a banda compostelá Grampoder reinterpretando O Lobo (1976) de Fuxan Os Ventos que se converte na nova entrega de Puro Deleite, o proxecto no que reúnen artistas e bandas do panorama musical galego co propósito de homenaxear os grandes mitos da nosa música. Finalizamos con Sabela que acaba de publicar o seu novo álbum, “Ceniza”. Despois de reafirmar o seu camiño como artista independente, reabre o seu mundo musical a través deste disco tan personal. Escoitamos o tema "Cidade desexo"

ONDA CERO PONTEVEDRA

13/03/2023 15:21

Cántamo en galego 13/03/2023

Tódolos luns comezamos co bo ritmo de artistas e bandas galegas que cantan en galego. Hoxe temos diversas propostas para todos os gustos musicais.Facemos soar a Banda de Ruxe, ruxe con "Vaia onda vaia", continuamos con "Embora", a canción entre o arousano Xackal e mexicana Pahua.Finalizamos con "Emperatriz" do grupo Copa Turbo que estará en concerto na SALA KARMA de (Pontevedra) o sábado 18 de Marzo as 22:00 horas.