ethel vazquez

Con Jesús Alvarez

28/03/2022 14:07

Noticias Mediodía Ourense 28/03/2022

Nos informativos de "Más de Uno Ourense" escoitamos á conselleira de infraestructuras e mobilidade, Ethel Vázquez que anunciou a convocatoria dunha mesa de diálogo permanente de seguemento da cadea da loxística para contribuir a resolver a situación xerada ca suba de prezos.

Infraestructuras

24/03/2022 08:11

A Xunta acometerá obras de mellora na estrada OU-540 nas comarcas da Baixa Limia e Celanova

A obra reforzará a seguridade viaria e a competitividade dos concellos de Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios

A intervención dotará a estrada de 13 km de carrís de adiantamento, suporá o redeseño das interseccións e mellorará o firme, beneficiando a máis de 13.000 veciños destes municipios polos que discorre a vía

Ethel Vázquez lembra que a planificación de estradas do Goberno bipartito da Xunta, na época de maior bonanza económica da Autonomía, non prevía ningunha actuación de mellora na conexión entre Celanova e Portugal

Concello de Ourense

01/03/2022 08:05

Remate das obras da 2ª fase de acondicionamento da Ponte Romana

Nesta 2ª fase mellorouse a conexión entre a Ponte Romana e a Capela dos Remedios, dotando dun novo acceso o Paseo das Ninfas, que gaña en accesibilidade a través dun espazo aberto con ramplas, escaleiras, mobiliario urbano e unha fonte de auga potable

Transporte Público

14/12/2021 13:10

En Galicia 107.000 mozos viaxan gratis en autobús coa tarxeta "Xente Nova"

Ethel Vazquez detalla que en 2021, grazas á extensión do funcionamento da ‘Xente Nova’ a toda Galicia, se emitiron 32.000 tarxetas e só en setembro se expediron 8.000, máis dun 100% máis que nese mes no ano anterior

Salienta o aforro económico que supón a tarxeta para as familias, pois un mozo de Verín que estude en Ourense pode aforrar 1.800 euros nos 9 meses de curso escolar

Remarca que desde o ano 2016 os rapaces galegos realizaron xa 9,7 millóns de viaxes gratis en autobús coa tarxeta Xente Nova, coa que aforraron 10,2 millóns de euros