ethel vazquez

Orzamentos Xunta de Galicia

21/10/2021 08:10

64 millóns de euros en infraestructuras para provincia de Ourense

Continuarase co proxecto da Rolda Leste, entre a estrada OU-105 en Bemposta e a N-525, para pechar a circunvalación polo sur conectando coa A-52, cunha previsión plurianual de investimento de 6,75 M€

Avanzarase en actuacións no eido sanitario como o Plan director do Hospital de Ourense, para o que a Xunta reserva unha partida de 21,8 M€ en 2022, ou o Centro Integral de Saúde, con 3,2 M€

As contas reservan máis de 6,6 M€ para obras de conservación, vialidade invernal ou melloras de firmes nas estradas autonómicas da provincia

Infraestructuras

07/10/2021 08:14

Obras de mellora e de accesibilidade en catro hospitais de Ourense

as actuacións crearán itinerarios peonís máis cómodos e seguros no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no edificio hospitalario de Piñor, en Barbadás; e nos hospitais públicos de Verín e de Valdeorras.

Executaranse novas beirarrúas, disporanse pasos peonís elevados e ramplas que faciliten os desprazamentos de persoas en cadeira de rodas, ademais de zonas con pavimento podotáctil para as persoas con dificultades de visión.

Reforzarase a visibilidade dos pasos de peóns, reordenando os accesos e servizos e creando espazo para paradas de autobús, ademais de habilitar áreas de aparcadoiro reservado para ambulancias, para vehículos autorizados e para moto.

Infraestructuras

23/09/2021 08:12

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da rolda leste de Ourense

A actuación comezará en Bemposta cunha glorieta na confluencia das estradas OU-105 e OU-510 e finalizará con outra que dará acceso ao enlace sur da A-52. A conselleira salienta que esta infraestrutura completará unha circunvalación perimetral que terá funcionalidade para o conxunto da área de Ourense.

Vázquez Mourelle sinala que a actuación permitirá reducir o percorrido desde Bemposta ata a N-525 e a A-52, desde os 4,6 km e 7 minutos actuais ata 1,7 km e pouco máis de 1 minuto.A intervención reforzará a seguridade viaria, sacando tráfico do centro de Ourense e desconxestionando rúas como Marcelo Macías ou a avenida de Zamora.

Infraestructuras

21/09/2021 13:19

A futura lei do cilco da auga ferramenta para mellorar as depuradoras municipais

Vázquez Mourelle destaca que a lei, que se está a tramitar coa máxima transparencia e participación, fixará un marco normativo para ordenar, reforzar e estender o apoio da Xunta aos concellos en materia de augas.

Sinala que o modelo, que non crea ningunha taxa nin sobe as que xa hai, estará ao servizo dos concellos que pidan que a Xunta lles axude a xestionar os servizos da auga. O abastecemento, a depuración e o saneamento son competencias dos concellos, pero a maioría das Administracións locais teñen grandes dificultades para exercer de forma axeitada esa responsabilidade.