onda cero monforte

Monforte na Onda 23/03/2016

23/03/2016 14:37

Monforte na Onda 23/03/2016

Abrimos o programa de hoxe entrevistando ás voceiras de Esperta Monforte e da Plataforma Sanitaria, Maribel García e Francisca Vázquez que seguen en Bruxelas, tentando voltar a casa, ainda impresionadas polo vivido onte na capital Europea. O espazo "Facendo Empresa" adicámolo a ISOBER unha empresa de servizos que nace en Gundivós, no Concello de Sober. E repasamos previsións turísticas para os días grandes de Semana Santa con Noelia Iglesias da empresa xestora do Centro do Viño. Última hora tamén, entre outras cousas, do Consorcio Turístico e do Ecomuseo de Arxeríz.

Monforte na Onda 22/03/2016

22/03/2016 16:56

Monforte na Onda 22/03/2016

Para que vaian preparando axenda para o fin de semana repasamos no programa de hoxe actividades que se preparan en ‪‎Monforte‬ para a ‪Feira Medieval‬ e en Quiroga para a Feira do Viño.Conversamos cos alcaldes dos dous concellos, José Tomé e Julio Álvarez. Iremos tamén ata o Concello de O Incio para repasar coa alcaldesa Laura Celeiro, pleno celebrado onte. E repasamos actividades organizadas polo colectivo Lucecús con Daniela Vázquez.

Monforte na Onda 21/03/2016

21/03/2016 15:58

Monforte na Onda 21/03/2016

O Concello de Sober recupera hoxe a normalidade despois da moita animación vivida durante a fin de semana coa ‪‎Feira do Viño de Amandi‬. Coa presentación esta tarde do libro "Galicia entre copas" rematan as actividades complementarias. Deste libro falamos hoxe co autor Mariano Fisac. Entrevistamos a María Abuín, de Máis que Romanico, que hoxe poñen en marcha visitas guiadas por Monforte. Falamos coa presidenta do CCU, María José Senrra, do éxito que está tendo a ‪Pista de Xeo que contrataron para esta Semana Santa e entre outras cousas, descubrimos novos materiais que os gandeiros utilizan como cama para os animais: areas de sílice. A innovación ao servizo do benestar animal.

Monforte na Onda 18/03/2016

18/03/2016 16:36

Monforte na Onda 18/03/2016

"20 anos sen Lois Pereiro" este sábado a partires das 12:00H na Casa da Cultura de Monforte. No programa de hoxe falamos desto con Alex Rodriguez da Asociación Náufragos do Paradiso que colabora coa iniciativa e co músico Gonzalo Herrero que presenta un tema musical que compuxo adicado ao poeta. Co alcalde de Sober repasamos a última hora da XXXVI edición da Feira do Viño de Amandi que se celebra esta fin de semana. Aida Menéndez, da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra repasa actividade programada para o domingo e, entre outras cousas, falamos do campionado de Xadrez que se desenvolve no Ceip de Monforte con Enrique Rojo, da comisión organizadora.

Monforte na Onda 17/03/2016

17/03/2016 18:50

Monforte na Onda 17/03/2016

17/03/2016 18:50

Monforte na Onda 17/03/2016

Está de volta a delegación do CRDORS que estivo en Alemania na Feira Prowine, falamos dela co pte. do Consello, José Manuel Rodriguez. Ada Agarsar e Claudio Pombo presentan o acto que este sábado organiza o Club De Lectura la Librélula en homenaxe a Mª José Pérez. Entre outras cousas, falamos tamén dun novo museo que se pretende poñer en marcha con Casas de Monecas.

Monforte na Onda 16/03/2016

16/03/2016 16:36

Monforte na Onda 16/03/2016

Abrimos programa conversando con Iván Patiño de Amanita Films do vídeo promocional da Feira Medieval de Monforte de Lemos e sobre a nominación de "Os días afogados" aos premios ‪Mestre Mateo 2016‬. No espazo "Facendo Empresa" a proposta de hoxe é coñecer algo máis de El rincón de finca el Carmen. Falamos da EPOC coa neumóloga do Hospital comarcal, Dra. Santalla e co Doutor Sousa Escandón, da charla que ás 20:30 impartirá na casa da cultura de ‪‎Monforte‬ e sobre a falta de urólogos que presten servizo no hospital monfortino.