onda cero monforte

Monforte na Onda 09/03/2016

09/03/2016 15:10

Monforte na Onda 09/03/2016

Entrevistamos hoxe ao Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para que nos explique o proxecto de Centro Ocupacional que van poñer en marcha en Monforte. O ex alcalde Severino Rodríguez, valora a iniciativa en nome de pais e nais do C.E.E. Infanta Elena e fálanos do concurso empresarial que promove a Fundación Semente. Repasamos que se prepara para homenaxear o Pai Esteban Martínez e entre outras cousas, no espazo "Facendo Empresa", coñecemos a José Luis Otero e Iván Gómez, dous mozos emprendedores que apostan por facerse autónomos.

Monforte na Onda 08/03/2016

08/03/2016 16:24

Monforte na Onda 08/03/2016

No programa de hoxe repasamos a situación da muller na zona sur de Lugo conversando coa asesora laboral da UGT, Berta Milia, e o secretario do sindicato, Mario Docasar. Entrevistamos tamén a Rosa María Rodriguez Ramos, axudante ferroviaria homenaxeada por mor de esta celebración, e a atleta Saleta Fernández récord galego de salto de altura no Campionato Nacional. E co deputado socialista Vicente Docasar repasamos iniciativas que presenta este mércores no Parlamento Galego. Escoitamos tamén que pensan os nen@ da celebración do Día da Muller.

Monforte na Onda 06/03/2016

07/03/2016 14:29

Monforte na Onda 06/03/2016

Abrimos hoxe programación local conversando coa nova presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. Entrevistamos tamén a Marina Doutón, concelleira responsable da área da Muller no Concello de Monforte de Lemos para repasar actividades que teñen programandas para conmemorar o ‪ Dia Internacional da Muller‬ e coñecemos algo máis do proxecto empresarial e-Monte, gañador da 1ª edición do Concurso de Proxectos Empresariais da Fundación Semente de Monforte, conversando con Victor Rivas, un dos promotores.

Monforte na Onda 04/03/2016

04/03/2016 15:09

Monforte na Onda 04/03/2016

Conversamos con ‪‎Xoán Cannas‬ director do Instituto Galego do Viño sobre os ‪Premios que entregarán o luns e os que aspiran viños feitos na Ribeira Sacra. As xornadas gastronómicas do Cocido adícanse este sábado a cocidos de diversos puntos de España e Portugal, fálanos da iniciativa Beatriz Vila, delegada da Apelh. Entre outras cousas, rematamos hoxe co concurso de vales para traxes medievais.

Monforte na Onda 03/03/2016

03/03/2016 18:03

Monforte na Onda 03/03/2016

03/03/2016 18:03

Monforte na Onda 03/03/2016

Recuperamos este xoves o espazo "Facendo Empresa" e conversamos co xerente da adega Via Romana, Juan Luis Méndez. Falamos da adega como empresa e do "Desafío" que patrocinan esta fin de semana, unha carreira entre viñas, pioneira en Galicia. A UGT denunciou a empresa adxudicataria do mantenemento da N120 por despido improcedente. Cóntanolo o secretario comarcal da UGT, Mario Docasar e un dos traballadores despedidos, Francisco Soria. O representante da UGT analiza tamén o paro do mes de febreiro con 4.707 desempregados na zona sur de Lugo. E co barista Damián Seijas falamos do obradoiro de cócteles con viño de Amandi que dirixirá en Sober.

Monforte na Onda 02/03/2016

02/03/2016 15:23

Monforte na Onda 02/03/2016

O hospital comarcal de Monforte é o primeiro centro do Sergas na provincia que implanta o rexistro telemático dos bebés que nacen nel. Levan rexistrado 8. Cóntanolo Javier Fernández, unha das persoas que atende o servizo. O hoxe arranca o mes do Amandi no Concello de Sober, con maridaxe de viño de Amandi e porco celta, un dos mestres da Escola de Hostaleria de Rosende, David Cidre, fala da experiencia. Son algún dos asuntos que repasamos no programa de hoxe.