onda cero monforte

Monforte na Onda 07/06/2016

07/06/2016 14:23

Monforte na Onda 07/06/2016

Todo preparado no Restaurante Manuel Bistró para celebrar do 10 o 19 de Xuño Xornadas Gastronómicas en colaboración de Gutrei. Fálannos delas Manuel Fernández, responsable do restaurante, e José Manuel Losada, responsable de calidade de Gutrei Galicia. Entrevistamos tamén no programa de hoxe a quiroguesa Mónica Fernández que onte recibiu o trofeo que a acredita como Premio Nacional de Xefa de Sala de Restaurante que concede a Real Academia de Gastronomía. Recollemos as impresións sobre o planetario do IES A Pinguela do físico Jorge Mira que apadriñou a reinauguración da citada instalación. E co alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, repasamos novas do citado concello.

Monforte en la Onda 06/06/2016

06/06/2016 14:26

Monforte en la Onda 06/06/2016

Este luns facemos balance do desfile que o sábado celebrou en Monforte o CCU coa presidenta do Centro Comercial, María José Senra e co xerente, Angel Folgueira. Conversamos con director do IES A Pinguela, Enrique Sampil e co profesor Matías Vázquez sobre o Planetario que veñen de reinaugurar. E con Xosé González, secretario da Irmandade Xurídica Galega falamos da Asemblea que van a celebrar o próximo sábado no Concello de Monforte de Lemos.

Monforte na Onda 03/06/2016

03/06/2016 14:22

Monforte na Onda 03/06/2016

Este venres entrevistamos a Edith Nieves Sánchez, autora do cartel das Festas Patronais ‪de ‎Monforte 2016‬. Repasamos a última hora do espectáculo que prepara o CCU Monforte para este sábado, conversando co escenógrafo Diego Valeiras e tamén falamos de actividades que organizan en Rincón Finca El Carmen para aprender a manexar cabalos. Rematamos co repaso a outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 02/06/2016

02/06/2016 14:33

Monforte na Onda 02/06/2016

Edith Nieves é a autora do cartel que vai anunciar as Festas Patronais de Monforte, gañadora do concurso que para tal fin convocou o Concello Monfortino. Deste e outros asuntos falamos co alcalde, José Tomé Roca. No programa de hoxe falamos dos actos reivindicativos do Sindicato de Enfermería diante do Hospital Comarcal e da sentenza favorable á Cooperativa Lemos. Conversamos con membros da organización do FanCine de Lemos, Ivan Patiño e Carlos Álvarez. E entrevistamos ao polifacético Jesús Calleja que grava un programa estes días na ‪Ribeira Sacra‬.

Monforte na Onda 01/06/2016

01/06/2016 15:59

Monforte na Onda 01/06/2016

Abrimos o programa de hoxe conversando con Tamara Lebón Sánchez que inaugura este mércores ás 20.30h unha exposición de fotografía na Casa da Cultura do Concello de Monforte de Lemos. En "Facendo Empresa" falamos con Xosé García Freire que nos fala da explotación gandeira da que é titular e dos novos produtos que vai a comercializar próximamente. Repasamos novas do concello de Pantón co alcalde, José Luis Álvarez. E na recta final do programa entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García.

Monforte na Onda 31/05/2016

31/05/2016 19:01

Monforte na Onda 31/05/2016

No programa de hoxe seguimos repasando como se prepara a "Pasarela Monumental" que se vai celebrar o sábado en Monforte e hoxe temos no programa a xente da organización. Do malestar co que marcharon do pleno os membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra falamos coa presidenta da asociación e a voceira da agrupación local do PP lamenta que non se ceda a citada asociación o local solicitado para Centro de Atención aos peregrinos. Son algúns dos asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 30/05/2016

30/05/2016 19:37

Monforte na Onda 30/05/2016

No programa de hoxe falamos coa presidenta e o xerente do CCU do evento que están organizando para este sábado na Compañía. Coa educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos, repasamos actos que preparan para celebrar mañá o ‎Día Mundial Sen Tabaco‬. Repasaremos cursos que se imparten no Hospital Comarcal co responsable do Servizo de Urxencias e tamén conversamos coa responsable da empresa que se encarga en Monforte da recollida de animais abandonados. Entre outras cousas repasamos orde do día do pleno e resultado do Concurso de Tapas.

Monforte na Onda 27/05/2016

27/05/2016 14:35

Monforte na Onda 27/05/2016

27/05/2016 14:35

Monforte na Onda 27/05/2016

Chega a Monforte a exposición itinerante que ten Gadisa para promover o consumo responsable, no programa de hoxe entrevistamos ao director de comunicación deste grupo, José Luis Fernández Astray, para coñecer algo máis da iniciativa. Falamos das primarias do PSOE co candidato que visita esta tarde Monforte, J.L. Méndez Romeu. A tesoureira da Asociación Ruliños, Alejandra Tartao, explícanos qué teñen previsto facer mañá para visibilizar o Sindrome de Williams e buscaremos tamén a última hora sobre a cata de viños da D.O. Ribeira Sacra entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 26/05/2016

26/05/2016 17:27

Monforte na Onda 26/05/2016

Expectación a primeiras horas deste xoves coas viaxes en globo sobre o ceo de Monforte, unha iniciativa do Consorcio Turístico da que falamos coa xerente Alexandra Seara e recollemos tamén impresións do presidente desta entidade Luis Fernández Guitián. Entrevistamos a Miguel Ángel Martín, un dos membros do panel que Cata os Viños da Ribeira Sacra para entregar este venres os premios aos mellores da denominación. E tamén conversamos con Gonzalo E. Veloso, director do documental "Cantando a Manuel María" que se presenta este xoves na Casa da Cultura. Rematamos con resumo da actualidade máis próxima e contándolles como van ser os Xogos Autonómicos de Campo a Través Special Olympics de Galicia que se celebran en Monforte este sábado.

Monforte na Onda 25/05/2016

25/05/2016 16:20

Monforte na Onda 25/05/2016

Abrimos o programa de hoxe conversando cos cinco membros do xurado profesional do "Cumetapas". No espazo "Facendo Empresa" entrevistamos a Iván Gómez da adega Regina Viarum e con Roberto Eireos, responsable de deportes do concello de Pantón repasamos a última hora da Carreira Popular que organizan en Ferreira este sábado. Rematamos con resumo de noticias na recta final do programa.