onda cero monforte

Monforte na Onda 21/06/2016

21/06/2016 14:23

Monforte na Onda 21/06/2016

A 6ª etapa de La Vuelta a España 2016 sairá de Monforte‬ o día 25 de agosto. Unha etapa que presenta hoxe no Concello de Monforte Javier Guillén, Director Xeral de La Vuelta, a delegada da Xunta, Raquel Arias, o Presidente da Deputación de Lugo Darío Campos e o rexedor local. Desto falamos no programa de hoxe no que conversaremos tamén coas voceiras do PP e do BNG na corporación monfortina, Julia Rodriguez e Pilar López. Entrevistamos á presidenta do Club Fluvial de Monforte, Luisa Vázquez e a José David Fidalgo, organizador da Cata dos Viños Galegos en Euskadi.

Monforte na Onda 20/06/2016

20/06/2016 20:00

Monforte na Onda 20/06/2016

Falamos da Rede de Cidades e Territorios Creativos de España que se vai crear en Monforte coa promotora Belén Elisa Díaz. Entrevistamos a alumnos do IES A Pinguela que completaron formación en Francia e Inglaterra e repasamos novidades cara o próximo curso co director do Instituto e un dos profesores. E co profesor Xurxo Ayán buscamos a última sobre as escavacións que hoxe empezaron en Repil.

Monforte na Onda 17/06/2016

17/06/2016 14:31

Monforte na Onda 17/06/2016

Ademais de repasar a información máis próxima entrevistamos ao alcalde de O Saviñao e o de Monforte. Falamos da Convención que se vai celebrar a primeira fin de semana de xullo e entre outros asuntos de iniciativas que se van a poñer en marcha en A Pobra do Brollón.

Monforte na Onda 16/06/2016

16/06/2016 15:33

Monforte na Onda 16/06/2016

No programa de hoxe entrevistamos ao Presidente da CHMS, Francisco Marín,para falar das pistas do canal de regadío. Co director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, falamos da redacción do proxecto de acceso do Porto Seco a N-120 que veñen de sacar a licitación. Coa concelleira de cultura do Concello de Monforte de Lemos, Marina Douton repasamos festival de fin de curso que preparan no Conservatorio Profesional de Música "Mestre Ibáñez". Co técnico de cultura do Concello de Pantón falamos da apertura das piscinas e dos campamentos que están organizando, e na recta final do programa entrevistamos a escritora Celia Díaz que nos presenta o seu último libro "A boca do monte".

Monforte na Onda 15/06/2016

15/06/2016 14:23

Monforte na Onda 15/06/2016

Abrimos hoxe o programa conversando co profesor Xurxo Ayán Vila que dirixirá un proxecto de recuperación e posta en valor do Castro de San Lourenzo en Cereixa A Pobra do Brollón.Repasamos premiados do Cume Tapas Monforte 2016 coa delegada da Asociación de Hostalería, Beatriz Vila e no espazo "Facendo Empresa" hoxe falamos da productora Némesis Creaciones. Na recta final do programa repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 14/06/2016

14/06/2016 14:29

Monforte na Onda 14/06/2016

Conversamos co director do IES Río Cabe, Manuel Sánchez, centro que celebra este sábado festa de 50 aniversario. Quique Rodríguez director do xurado técnico do CumeTapas e a delegada da Asociación de Hostalería Beatriz Vila, fálannos da final do concurso que se celebrará esta tarde no Centro do Viño. Entrevistamos a Andrès Pavòn presidente da Irmandade Cultural País do Faro para falar da revista ‪‎Alicerces‬. E con Santi Díaz do Club Quixós falamos dos paseos en barca que a partir de mañá voltan o río Cabe.

Monforte na Onda 13/06/2016

13/06/2016 15:58

Monforte na Onda 13/06/2016

Hoxe día de San Antonio, estamos de festa local en Monforte pero aproveitou o alcalde para facer balance do ano que leva á fronte do goberno local xa que xusto hoxe cúmprese un ano da constitución das Corporacións Municipais. Escoitaremos no programa de hoxe que dixo o rexedor monfortino na rolda de prensa convocada esta mañá pero ademais entrevistamos ao neto do galeguista Manuel Banet Fontenla homenaxeado o venres polo concello e a Irmandade Xurídica Galega. Tamén falaremos do ARI do Concello de Sober con un dos arquitectos que está dirixindo as obras que con cargo ao mesmo se están levando a cabo no citado concello e con Miriam Pérez da Galería Vilaseco, coñeceremos algo máis dun proxecto multidisciplinar que poñen en marcha na Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 10/06/2016

10/06/2016 17:23

Monforte na Onda 10/06/2016

10/06/2016 17:23

Monforte na Onda 10/06/2016

Falamos das festas do popular barrio monfortino de San Antonio,que arrancan esta noite, con Mon López, da comisión organizadora e con Andrés Montes, integrante do grupo Gin Tonic,s que se encargará do concerto inaugural. Tamén repasaremos programa das Festas Patronais co rexedor local José Tomé Roca e para repasar actividades das Xornadas do Románico de Pantón entrevistamos ao técnico de cultura do citado concello Javier González. Na recta final do programa repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 09/06/2016

09/06/2016 16:03

Monforte na Onda 09/06/2016

Este xoves abrimos o programa local conversando con Roberto Castro, concelleiro de cultura do Concello de Ribas de Sil, para falar da Festa da Cereixa e do Aceite que teñen organizada para esta fin de semana. Despois das noticias das 13:00h entrevistamos á Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, co fin de coñecer algo máis da aceleradora de empresas que van a poñer en marcha en Expo Lemos. Conversamos co xefe de farmacia do Hospital Comarcal, o doutor Aparici, que nos explica algo máis da implantación da prescripción electrónica e co director de CaixaBank Monforte, Javier Chavian, falamos dun convenio que esta entidade firmou co Consorcio Turístico da Ribeira Sacra e recollemos balance da campaña "Ningún niño sin Bigote" que estiveron desenvolvendo por esta zona sur de Lugo con moi bos resultados

Monforte na Onda 08/06/2016

08/06/2016 14:30

Monforte na Onda 08/06/2016

Abrimos hoxe programa conversando co técnico de deportes, Oscar Rodríguez, das actividades multideportivas que prepara o Concello de Monforte de Lemos para este verán. Da cata de viños da D.O. Ribeira Sacra para a Guía Peñín falamos con Javier Luengo, responsable editorial. Conversamos con Juan F. Sánchez, coordinador do sector ferroviario da CGT sobre a falta de interventores nos trens rexionais e, entre outras cousas, no espazo Facendo Empresa entrevista con Emilia Alonso da tenda de moda "Emily".