Paco Sarria

MÁS DE UNO OURENSE

26/08/2022 14:14

As vendimas de Valdeorras e Leiro en Más de Uno

A Festa da Vendima de Leiro e o comezo da vendima en Valdeorras ó través da madrugadora adega Godeval foron os principais argumentos do espacio Se nos va la Olla en Más de Uno Ourense, con Paco Sarria e Rubén Amorín.

MÁS DE UNO OURENSE

26/08/2022 14:14

Noticias Mediodía Ourense 26/08/2022

As valoracións, idas e vidas en relación coa posibilidade dunha moción de censura no Concello de Ourense capitalizan boa parte do informativo de mediodía en Más de Uno Ourense, no que tamén seguimos a evolución do lume en Lobeira que xa arrasou perto de 600 hectáreas.

MÁS DE UNO OURENSE

25/08/2022 14:23

Noticias Mediodía Ourense 25/08/2022

Xornada de reaccións ás posibilidades de moción de censura no Concello de Ourense a pouco máis de 8 meses das eleccións municipais. Tantos os socialistas Rafael Villarino e Natalia González, como o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, opinaron hoxe no informativo de mediodía onde tamén demos conta doutras novas de interese local e provincial.

MÁS DE UNO OURENSE

25/08/2022 14:11

Para o BNG a posibilidade de moción de censura é unha tomadura de pelo

A posibilidade dunha moción de censura no concello de Ourense foi valorada hoxe en Más de Uno polo voceiro municipal do BNG, Luis Seara como .

A base do hipotético acordo implicaría un goberno de coalición no que o PP daría a Alcaldía ó socialista Villarino. Deste e doutros asuntos falamor co dirixente nacionalista.

MÁS DE UNO OURENSE

24/08/2022 14:12

O dereito á privacidade e a propia imaxe en tertulia

Debartemos hoxe na tertulia en feminino con Antía Pousa e a Alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, sobre o dereito a protexer a imaxe que no caso particular da clase polítca tivo como último referente á primeira ministra finesa.

MÁS DE UNO OURENSE

24/08/2022 14:11

Noticias Mediodía Ourense 24/08/2022

As reaccións dos concellos ás axudas do Estado aprobadas en Consejo de Ministros para aqueles afectados polos lumes forestais ocupan boa parte do informativo de mediodía en Más de Uno Ourense de Onda Cero con Paco Sarria e Xesús Álvarez.

MÁS DE UNO OURENSE

23/08/2022 14:12

Fest Clásico Ribeira Sacra en Os Peares, Chantada e Xunqueira de Espadañedo

Abordamos en Más de Uno Ourense a celebración do Festival Clásico Ribeira Sacra que na sua cuarta edición acollen en Os Peares, Chantada e Xunqueira de Espadañedo. Falamos con Luz Barriga, presidenta da Asociación Ribeira Sacra Cultural sobre as características desta actividade que inclúe un formato de academia para xóvenes músicos.

MÁS DE UNO OURENSE

23/08/2022 14:12

MÁS DE UNO OURENSE

23/08/2022 14:12

Noticias Mediodía Ourense 23/08/2022

A seca en concellos como Muiños ou as denuncias de colectivos ambientalistas en relación coa actuación que promove a Deputación nos accesos ó Mosteiro de Rocas son algúns dos asuntos de referencia no informativo de mediodía de hoxe con Paco Sarria e Xesús Álvarez.

MÁS DE UNO OURENSE

23/08/2022 13:28

Repasamos as citas do Xacobeo en Ourense do delegado da Xunta

Os concertos do Xacobeo, as citas festivas e deportivas dos últimos e próximos días ou a importancia das aldeas modelo e os polígonos agroforestais da Consellería de Medio Rural entre os asuntos abordados hoxe en Más de Uno co delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén.

MÁS DE UNO OURENSE

23/08/2022 11:43

A tertulia de actualidade en Onda Cero Ourense

Asuntos de actualidade como a ausencia de Ourense en Termatalia, as posibilidades dunha moción de censura na cidade ou o caso da polémica polo video personal da primeira Ministra de Finlandia, entre os asuntos debatidos este luns en tertulia entre Abel Fraga e Lois Pardo con Paco Sarria como moderador, en Más de Uno.