Paco Sarria

MÁS DE UNO OURENSE

22/08/2022 14:08

Noticias Mediodía Ourense 22/08/2022

Nas novas de mediodía en Más de Uno Ourense, en Onda Cero, repasamos o máis salientable da actualidade local e provincial con Paco Sarria e Xesús Álvarez.

MÁS DE UNO OURENSE

19/08/2022 14:15

Espírito Manquiña e empanada en Se nos va la Olla

O actor e Músico Manuel Manquiña foi un dos convidados hoxe ó espacio Se nos va la Olla con Paco Sarria e Rubén Amorín con motivo da celebración da II edición de Espírito Ribeiro en Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño. Asemade abordamos a celebración da Festa da Empanada en Allariz.

MÁS DE UNO OURENSE

19/08/2022 14:13

Noticias Mediodía Ourense 19/08/2022

A posibilidade dunha moción de censura en Ourense segue a estar aberta. Este é un dos argumentos informativos que salientamos nas nova do mediodía en Más de Uno Ourense onde tamén abordamos outras citas como a Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia.

MÁS DE UNO OURENSE

19/08/2022 10:09

Mon Devane Campión do Mundo

O artista urbán ourensán Mon Devane é o flamante campión do mundo en murais. Mon foi o vencedor da última edición do Street Art Cities por unha obra inspirada pola personaxe Fendetesta, encarnada por Xosé Antonio Touriñán e que luce no concello de Cambre. Falamos con Devane en Más de Uno Ourense con Paco Sarria.

MÁS DE UNO OURENSE

19/08/2022 09:30

O socialista Rafael Villarino non descarta ainda a moción de censura

O secretario provincial dos socialistas ourensáns e voceiro no concello da capital e na Deputación, Rafael Villarino, foi convidado hoxe a Más de Uno Ourense para valorar a actualidade política e social en conversa con Paco Sarria, declarando (entroutras cousas) que ainda non debe ser descartada unha moción de censura a Jácome.

MÁS DE UNO OURENSE

18/08/2022 14:21

Noticias Mediodía Ourense 18/08/2022

A posición da Federación de Comercio en relación coas medidas de aforro enerxético ou os problemas de convivencia nun pobo de Pereiro de Aguiar entre os asuntos abordados hoxe no informativo de mediodía en Más de Uno Ourense.

MÁS DE UNO OURENSE

18/08/2022 14:06

O impacto das medidas de aforro enerxético en tertulia

O impacto das medidas de aforro enerxético no sector do comercio ourensáns foi o argumento da tertulia en feminino á que convidamos á presidenta da Federación de Comercio; Beatriz Gómez; e que compartimos con Antía Pousa e Ximena González.

MÁS DE UNO OURENSE

17/08/2022 14:08

MÁS DE UNO OURENSE

17/08/2022 14:08

Noticias Mediodía Ourense 17/08/2022

Os colectivos agrupados na plataforma para a Defensa do Monte denunciaron na Fiscalía e na Valedora do Pobo á Xunta de Galicia á que responsabiliza dos danos ocasionados poir unha vaga de lumes que este ano, estiman, arrasou unhas 50 mil hectáreas. Este é o argumento de partida no informativo de mediodía en Más de Uno Ourense con Paco Sarria e Xesús Álvarez.

MÁS DE UNO OURENSE

16/08/2022 14:13

Noticias Mediodía Ourense 16/08/2022

As situacións derivadas dos lumes forestais e da seca ocupan hoxe o centro da actualidade no informativo de mediodía en Más de Uno Ourense con Paco Sarria.

MÁS DE UNO OURENSE

12/08/2022 14:11

Viño e Pulpo para a fin de semana

A Festa do Pulpo do Carballiño e a Feira do Viño de Monterrei foron os argumentos principais do espacio Se nos va la Olla en Más de Uno Ourense, con Paco Sarria e Rubén Amorín este venres. Falamos co concelleiro Manolo Dacal no Carballiño, coa presidenta da DO Monterrei Lara da Silva e co Tenente Alcalde do concello verinés, Diego Lourenzo.