Se nos va la Olla

Más de uno ourense

29/04/2022 13:35

A Feira do Viño do Ribeiro protagonista da fin de semana

A Feira do Viño do Ribeiro é unha das actividades a salientar esta fin de semana en Ourense. Por elo convidamos ó espacio Se nos va la Olla á Alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Asemade, na percura do mellor chuletón de Galicia, conversamos hoxe con Miguel Carballeda, de Mexicano en Brasas

Más de uno ourense

22/04/2022 13:34

A Festa da Lamprea protagonista de Se nos va la Olla

A Festa Lamprea é hoxe a protagonistas de Se nos va la Olla, en Más de Uno Ourense. Paco Sarria e Rubén Amorín entrevistaron ó pregoeiro desta edición, Sergio Pazos e Rubén Rey abordou ó Alcalde deste concello pontevedrés, Horacio Gil Expósito

Más de uno ourense

08/04/2022 13:34

A Feira do Viño do Ribeiro no horizonte xunto cos Ovos de Pascua

A cercanía da celebración da Feira do Viño do Ribeiro levounos a falar hoxe co presidente do Consello Regulador de Denominación de Orixe, Juan Casares. Asemade falamos con Marta Carballo, de Enredos, de ovos de pascua e outros doces

Más de uno Ourense

25/03/2022 13:36

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, en Se nos va la Olla

Convidamos hoxe a Se nos va la Olla á xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, con que abordamos a nova estratexia deste selo e a importancia e prestixio que da ás marcas galegas. Unha semana máis con Paco Sarria e Rubén Amorín.

Más de uno Ourense

11/03/2022 13:41

En Se nos va la Olla imos de bares

Paco Sarria e Rubén Amorín entrevistan a Suso Doval, do Bar París, como bar máis popular na campaña de apoio á hostelería que promoven Taste Galicia e Bodegas Joaquín Rebolledo, o que nos levou a falar tamén con Susana Carballo

Más de uno ourense

04/03/2022 13:35

Más de uno ourense

04/03/2022 13:35

" Se nos va la olla" espazo gastronómico e turístico

En Se nos va la olla coñeciamos o bo facer de Tapería Restaurante “Trocadero” e conversamos con Loli Teixeira que relembrou unha aventura empresarial que arrancou en Suiza. Tamén probamos o “Caldo de Gloria” cunha iniciativa á que se están a sumar algún restauradores da cidade coma José González de “A Tarazana”.

Más de Uno Ourense

25/02/2022 13:46

Cociña portuguesa e licor Café en Se nos va la Olla

A cociña portuguesa do restaurante Dona Chica e o licor café artesanal e ourensán Paragüero, ocupan hoxe o tempo de Se nos va la Olla, con Paco Sarria e Rubén Amorín en Más de Uno Ourense

Más de Uno Ourense

18/02/2022 13:36

Miguel González e La Galleguita en Se nos va la Olla

A recente presencia en Ourense do cociñeiro Martín Berasategui levounos a falar hoxe con chef Miguel González sobre as impresións que o vasco deixou entre os que compartiron mesa con el. Asemade saudamos a inauguración de La Galleguita, falando con Nico Morganti.