Cántamo... en galego!
18/03/2024 14:18
Aprendemos a bailar coas nova cancións de Anxo Araújo
Convidamos ao músico pontevedrés Anxo Araújo para ‘Aprender a bailar’ coas cancións do seu novo disco. Despois de tres sinxelos de adiantoxa xa está nas plataformas dixitais, e tamén en formato CD e vinilo, un álbum de nove temas onde os ritmos bailables, as percusións latinas, os ventos e os sintetizadores marcan a paisaxe sonora. ‘Aprender a bailar’ é un disco que “disipa tormentas” e que convida a celebrar a vida e a vivir o presente.