Nos vindeiros días coñeceremos as propostas que estes establecementos locais nos ofrecerán este ano, medrando en número de participantes e tamén na variedade das elaboracións. Nesta edición, que se celebrará dende o 30 de setembro e ata o 12 de outubro, haberá concurso de tapas como xa ven sendo habitual, varias actividades no Mercado da Reserva e por suposto premios para as persoas que se acheguen nestes días a degustar este manxar a Allariz e participen nos sorteos.
Como nos adiantaban as responsables municipais, este ano volve o premio Papando no Boi. Papando no Boi xurdiu o ano pasado, para premiar a primeira persoa de Allariz que consuma todas as tapas. Como condición para recibir este premio, a persoa deberá contar con tarxeta cidadá de Allariz.
Haberá sorteo de varios vales para gastar no Comercio Local, así como un premio xeral que se sorteará entre todas as papeletas que teñan consumidas todas as tapas. Nos vindeiros días na web do Concello de Allariz estarán actualizados os menús, as tapas e as bases para participar nos sorteos e conseguir algúns dos agasallos.
As xornadas cumpren once anos de celebración vinculadas ao proxecto de cría de carne de boi , este programa caracterizase pola cría de bois en extensivo para producir carne de calidade e comercializar un produto diferente que sirva de dinamizador da nosa hostalería un bo exemplo son estas xornadas.
Ademais esta cría en extensivo , axuda a manter a superficie forestal limpa para evitar incendios e rexenerar os pastos.