Emgrobes completa a oferta gastronómica con varias acción de promoción da centola para animar aos visitantes a acudir nestas datas fóra de temporada e que se faga turismo gastronómico en O Grove. Son 14 os restaurantes participantes, algún deles realizará menús especiales, e 10 os hoteis que terán as súas portas abertas especialmente na ponte de decembro.
A partir de hoxe, Emgrobes levará a cabo presentacións das Xornadas fóra do Grove: o día 12 de novemrbo en Santiago, no parador Hostal dos Reis Católicos, e o día 14 en Madrid, na Casa de Galicia.
Para completar o programa, levaranse a cabo varios showcookings. O día 20 no Obradoiro de Hostalería do Grove e o 29 no Mirador da lonxa da Confraría de Pescadores, onde se combina a centola cos cogumelos, aproveitando as datas e a importancia deste produto na nosa vila. Tamén o día 29 realizarase por parte da Confraría de pescadores a tradicional subasta de centola macho e femia, sendo o recaudado para unha asociación sen ánimo de lucro.