onda cero monforte

Monforte na Onda 22/07/2016

30/07/2016 15:13

Monforte na Onda 22/07/2016

Entrevistamos ao alcalde de Monforte. Falamos das listas de espera do Hospital Comarcal co director do centro hospitalario. Repasamos actividades da Asociación Cultural "O Colado do Vento" e coñecemos o novo disco de "Os Desviados" conversando co vocalista do grupo.

Monforte na Onda 21/07/2016

30/07/2016 14:54

Monforte na Onda 21/07/2016

Conversamos con Javier González, un dos feridos no incendio do pasado lúns no Concello de Ribas de Sil. Con Adrián Casanova Chiclana e Alan Damián da Asociación Náufragos do Paradiso falamos da V edición do Festival do Paradiso e de outras actividades que teñen en macha e o modelo Adriano López Vázquez repasa novos proxectos profesionais que ten en marcha.

Monforte na Onda 20/07/2016

30/07/2016 14:36

Monforte na Onda 20/07/2016

No programa de hoxe preguntámoslle ao deputado socialista Vicente Docasar Docasar por qué abandona a política. Conversamos tamén co mito do automobilismo nacional e internacional, con orixes no Concello de Pantón, e que esta fin de semana gañaba a SUBIDA A CHANTADA, Andres Vilariño Esnaola. Entre outras cousas, o director do IES Río Cabe, Manuel Sánchez, falaranos do ciclo de adestrador de fútbol que imparten no centro.

Monforte na Onda 19/07/2016

30/07/2016 14:22

Monforte na Onda 19/07/2016

Abrimos o programa de hoxe conversando co alcalde do Concello de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, sobre o incendio que afectou ao citado concello na tarde de onte. A asociación de amigos do camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, irmanase hoxe cunha asociación de Granada, cóntanolo a presidenta da asociación, Aida Menendez Lorenzo. E entre outros asuntos, repasamos as últimas novas relacionadas cos viños da D.O. Ribeira Sacra co presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez.

Monforte na Onda 18/07/2016

29/07/2016 19:28

Monforte na Onda 18/07/2016

Hoxe en Onda Cero Monforte de Lemos falamos co párroco Don José Miguel Vázquez López, presidente para a provincia de Lugo da ONG Ancianos del Mundo. A voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez, fálanos dunha moción que presenta para o próximo pleno. Repasamos actividade cultural do Concello de Sober co seu alcalde Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos, facemos balance da ‎43º Subida a Chantada‬ co presidente da Escuderia Chantada, José Alfonso Viana.

Monforte na Onda 29/06/2016

29/06/2016 17:20

Monforte na Onda 29/06/2016

Abrimos o programa de hoxe entrevistamos ao director do IES Daviña Rey, instituto o que lle veñen de dar un premio á Innovación Educativa de ámbito autonómico. Con Evaristo Rodríguez, de Adegas Moure, falamos do novo viño, o primeiro rosado da Ribeira Sacra, que presentan este xoves. E entre outras cousas, no espazo "Facendo Empresa" hoxe coñecemos a historia de Curtidos Coiro conversando con Juan Patiño Pérez.

Monforte na Onda 28/06/2016

28/06/2016 14:24

Monforte na Onda 28/06/2016

Entrevistamos aos Xoglares de Lemos, ao director do IES A Pinguela e, entre outros asuntos da actualidade máis próxima, unha integrante da comisión de festas do barrio da Estación, cóntanos por qué teñen que cambiar as rifas que venden para recadar cartos para as festas.

Monforte na Onda 27/06/2016

27/06/2016 15:43

Monforte na Onda 27/06/2016

27/06/2016 15:43

Monforte na Onda 27/06/2016

Despois da xornada electoral vivida onte hoxe toca facer balance de resultados. Recollemos no programa deste luns valoración do PP coa deputada e voceira en Monforte, Julia Rodriguez. Do PSOE co alcalde monfortino José Tomé. Do BNG falamos co coordinador comarcal Lugo -Sur, Ricardo Rodicio e Mario Pontón, coordinador de A Nova, fai balance dos resultados acadados polo conglomerado de partidos cos que se presentaron ás eleccións de onte.

Monforte na Onda 23/06/2016

23/06/2016 15:34

Monforte na Onda 23/06/2016

Abrimos programa coa última hora respecto aos danos ocasionados polas tormentas rexistradas na tarde de onte no Val de Lemos, escoitando, entre outros protagonistas, aos propietarios de establecementos que resultaron anegados. Falamos tamén no programa de hoxe co director do hospital comcarcal e a xefa de enfermería sobre a exposición dos 25 anos do SERGAS que se inaugurou onte no centro hospitalario e, entre outros asuntos, entrevistamos ao alcalde de O Saviñao, Joaquín González, que xa firmou cesión de terreos para a construción do novo Centro de Saúde.

Monforte na Onda 22/06/2016

22/06/2016 15:05

Monforte na Onda 22/06/2016

O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá o hospital Comarcal de Monforte de Lemos para inaugurar unha exposición que conmemora os 25 anos do Sergas na zona Sur. Resumimos a visita no programa de hoxe no que falamos do curso que remata co director do CEIP A Gándara e coa directora do CEIP Monforte. Entrevistamos a Aida Menendez Lorenzo presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola ‪‎Ribeira Sacra‬ que preparan recollida de firmas para que lle sexa cedido o baixo do antigo Hotel Comercio na Praza Doutor Goyanes e no espazo "Facendo Empresa" falamos da Escola de Música Moderna e conversamos co director da mesma, Gonzalo Herrero González.